Ola a todos e todas!
Antes de nada, querémosvos dar as grazas por visitar o noso blog.
"Érase unha vez o Ipad" , nace dun proxecto centrado nas novas tecnoloxías aplicadas á educación infantil, empregando como soporte o Ipad. Dito proxecto, está dirixido a nenos e nenas de 3 a 4 anos.
Empregaremos os contos como temática principal para achegar ós rapaces e rapazas o novidoso mundo do Ipad.
Por qué o Ipad?
- Supón un reto para o equipo, dada a nosa inexperiencia con este soporte.
- Trátase dun recurso didáctico pouco explotado nas Escolas Infantís.
- As súas aplicacións ofrécenos un amplo abano de posibilidades didácticas.
- O feito de que sexa táctil, fai que a súa manipulación sexa máis doada para os cativos e cativas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario